Fondo

DENOMINACIÓN DE ORIXE: Rías Baixas

SUBZONA: Val do Salnés

VARIEDADE: 100% Albariño

PRODUCIÓN: 24.000 botellas

GRADUACIÓN ALCOHÓLICA: 14%

VINIFICACIÓN: Selección de uvas dunha parcela especial de cepas de máis de trinta anos e fermentado a 18º C de temperatura. Removido de líalas en atmosfera inerte durante uns dous meses. Tras un ano de repouso, procédese á súa clarificación e estabilización por frío, co obxecto de evitar precipitacións nas botellas. Unha vez estabilizado e pasados todos os controis analíticos e de cata, por medio do Regulador, o viño ven embotellado en atmosfera inerte e esterilizada.

Presenta unha cor amarela pallosa, con tons alimoados, brillante.
De aroma intenso, destaca pola súa complexidade, sobresaíndo notas de froitas maduras coma o marmeleiro, o melocotón silvestre e o mango; notas minerais, melosas de panadaría fina, integradas con notas especiadas que lle proporcionan unha personalidade moi especial.
De entrada potente, con acidez abondo que o mantén fresco na boca, integrado, con gran persistencia e sensación de envoltura que o fai exquisito, cunha retronasal moi frutosa.
Temperatura para servicio: 10ºC