Fondo

DENOMINACIÓN DE ORIXE: Rías Baixas

SUBZONA: Val do Salnés

VARIEDADE: 100% Albariño

PRODUCIÓN: 80.000 botellas

GRADUACIÓN ALCOHÓLICA: 12,5%

VINIFICACIÓN: Seleccionánse as uvas polo seu grao de acidez e azucre, prensado de uva en prensa pneumática a baixa presión e fermentado a 18º C. Posteriormente procédese á mestura dos distintos depósitos e á súa clarificación e estabilización por frío, co obxecto de evitar precipitacións nas botellas. Pasados todos os controis analíticos e de cata embotéllase en atmosfera esterilizada. Este proceso lévase a cabo en depósitos de aceiro inoxidable. Estabilízase e embotélase o viño, a medida que o demanda o mercado.

Amarelo limón semimaduro, con lixeira burbulla que o fai atractivo.
Intenso, con predominio dos cítricos de mandarina, froitos de pebida como pera e mazá, herbas aromáticas coma o fiúncho, e froitos tropicais coma o ananás e o mango.

Entrada fresca, acidez equilibrada, persistente, paso lixeiro pero longo en amplitude, con retrogusto vexetal elegante.

Temperatura para servir: 10ºC