Fondo

VINIFICACIÓN

O carácter dos nosos viños comeza por unha atenta colleita da uva cando se atopa no grao óptimo de maduración.

Inmediatamente despois da vendima procédese a unha selección manual para descartar os acios que non cumpren as nosas esixencias, reducindo os factores de risco para o produto final. Unha vez escollidos os mellores acios, realizamos o proceso de estrullón e prensado da uva.

A continuación lévase a cabo a fermentación en depósitos de aceiro inoxidable de 6.000 litros de capacidade. Cada viño require un tipo de fermentación específica, que lle proporcionará os seus matices distintivos.