Fondo

VIÑEDO

Nas Adegas Laureatus tan só empregamos como materia prima uvas procedentes de viñedos propios, o que nos permite controlar todas as fases da produción, dende a cepa ata o etiquetado final.
A vide máis antiga foi plantada arredor de 1975 e a plantación máis moderna ten unha antigüidade mínima de 10 anos.

O sistema de condución dos viñedos é o tradicional de emparrado. As uvas sitúanse a 1,80 metros do chan, para evitar a podremia e facilitar a ventilación.

A vendima faise de xeito manual, con caixas de plástico de base perforada e 20 kg de capacidade.