Fondo

TERRA

A terra da que se nutren os nosos viñedos é de textura grosa, areenta, cunha importante compoñente silícea e moi baixo contido en arxila. Son chans ácidos e permeábeis, de pouca ou mediana profundidade e cun subsolo de rocha nai en proceso de descomposición.

A inclinación do terreo permite crear microclimas especiais con maior exposición solar,  ademais de mellorar a drenaxe e reducir a erosión do solo.