Fondo

A VOZ DE GALICIA.
22 de xaneiro de 2012.


Hai décadas Laureano Oubiña habilitou unha das súas bateas na Ría de Arousa, entre O Grove e Cambados, para que amigos e clientes gozasen en directo das súas ostras e do viño que en cada ocasión se puxera a tiro. Aí no medio da ría atopamos a raíz do novo Laureatus, que nace á sombra da fama de Mariscos Laureano.

A batea foi durante anos excursión obrigada para visitantes e curiosos diso que conviñemos en chamar mundo do viño e da gastronomía. Boa parte dos encontros institucionais e promocionais dos viños de Rías Baixas, xornalísticos ou hostaleiros, pasaban, sempre que o tempo o permitise, polo sempre acolledor Laureano Oubiña, quen chegado o momento e pola forza da lóxica, acabou abríndose o seu propio oco. Rendiuse á evidencia, plantou viñedos, creou a súa adega e agora xa ten etiqueta. Este primeiro Laureatus é o froito da vendima de 2010. Elaborado sen présa e tras un longo descanso, asómase ao mundo co froito das súas case dez hectáreas, que lle permitiron alcanzar 70.000 quilos de uva...