Fondo

REVISTA MI VINO Nº 171 .
7 de Febreiro de 2012.


Vive España un momento doce para os viños brancos. Durante décadas reinou a mentalidade que desbotaba calquera gozo ou calidade destes viños. Afortunadamente agora en calquera zona vitícola pode brillar ou sorprender un branco distinto e orixinal. En Galicia non paran de xermolar adegas que elaboran brancos de moito futuro. Un dos exemplos máis claros é este Albariño auspiciado por Laureano Oubiña, home aferrado ao mar, non en van traballa bateas nas rías e posúe un dos mellores centros de exportación moluscos de España, aínda que dende hai tempo a súa ilusión foi elaborar o seu propio viño. Cando se decidiu adquiriu tres parcelas no Val do Salnés, permeábeis, cun elevado contido de area silícea, con viñedos xa formados de Albariño. O que presentamos é un branco fresco e moi varietal aínda que dentro de pouco promete máis... -

Cata: Límpida cor amarela con tons verdosos, moi atractiva. Destacan os seus aromas de froita madura, mazá golden, xunto aos recordos de herba recén cortada e tons amelados. É un viño lambón, amplo e de suave paso de boca, cun final moi fresco e de desenvolvidos aromas varietales...

Ver Artigo orixinal.