Fondo

NÓS

Situada no corazón das Rías Baixas, Laureatus nace como un proxecto común e familiar, baseado no absoluto respecto pola suprema calidade, que sempre constituíu unha máxima na labor da familia Oubiña-Somoza, cultivadores de marisco dende hai décadas.

Ao longo deste novo proxecto, fóronse implicando profesionais de rigor. Bo exemplo é o noso alter ego enolóxico, Luciano Amoedo, novena xeración dunha familia enteiramente dedicada á profesión e promotor da creación da D. O. Rías Baixas.