Fondo

CLIMA

A Denominación de Orixe "Rías Baixas" enmárcase na zona de clima atlántico do oeste europeo. 
As frontes cálidas tropicais achegadas pola corrente do Golfo proporcionan fortes precipitacións e temperaturas suaves tanto no outono coma no inverno, con escasa diferenza entre o día e a noite.

A primavera tamén é tépeda e sen xeadas que ameacen as plantacións.O verán é seco pola influencia do anticiclón das Azores pero as temperaturas vense suavizadas pola proximidade do mar e pola extraordinaria protección montañosa do "Val do Salnés".

O relevo reduce as chuvias nesta zona, orixinando un incomparábel microclima  que proporciona unha individualidade característica dos viñedos desta rexión.