Fondo

DA CEPA Á BOTELLA

En Adegas Laureatus acompañamos os nosos viños ao longo de todo o seu percorrido. Deste xeito controlamos todos os pasos da produción coa fin de asegurar que o resultado sexa sublime.

Tras a vendima manual, o noso enólogo procede a realizar un coupage das mellores uvas dos nosos viñedos para obter o carácter diferenciador de Laureatus.

Unha vez rematados os procesos de vinificación e os controis analíticos e de cata o viño embotéllase nunha atmosfera inerte. Os procesos de estabilización e embotellado realízanse exclusivamente en función da demanda. Finalmente, o viño ven etiquetado na propia adega.