Fondo

ADEGA

Laureatus é unha adega nova dedicada á elaboración de viños de alta calidade utilizando a uva máis famosa de Galicia, o Albariño.

Garantimos a expresión dos nosos viños combinando os métodos tradicionais de recollida, selección e crianza co emprego de depósitos, prensas, sistemas de filtración e de control de temperatura de última xeración.

Os viños das Adegas Laureatus destacan pola fusión entre a produción da uva coidada de xeito artesán e o aproveitamento das modernas tecnoloxías de procesado.